Paulino Gasalla atopa por casualidade un pequeno paquete con recortes e recordos familiares. Impresionado polo seu descubrimento inicia unha ardua e minuciosa investigación que lle levará a recuperar a memoria do seu tío avó, Alejandro Porto Leis, derradeiro alcalde republicano en tempos, e tamén a desvelar o seu inxusto final e o de aqueles que foron asasinados con el.

O SEGREDO DA FROUXEIRA parte dunha situación particular para presentar o paralelismo entre unha historia familiar concreta coa Historia de boa parte do século XX español. Dous irmáns, Alejandro e Eliseo, separados por cuestións ideolóxicas en dous bandos da Guerra Civil provocarán unha ruptura

familiar que chega ata o presente e que só pode reconstruír o esclarecemento dos feitos que levaron á morte a un deles.

A familia, que descoñecía ata hoxe o acontecido, enfróntase á reconciliación ou a unha ruptura definitiva como consecuencia desta investigación durísima contra as sospeitas e a incomprensión de moitos.

Do mesmo xeito as familias dos outros tres desaparecidos (Modesto del Río, Avelino Landeira e Jesús Miño) afrontan setenta anos de sufrimento e de búsqueda e seguen na procura dos restos destes homes. Ao través do documental os camiños paralelos destas catro familias se xuntan aportando unha novedosa perspectiva ao xeito de contar historias tan cercanas e tan esquecidas.

EAF Producións · República Argentina, 8 · 15011 A Coruña · España (Spain) · eaf@estudioabad.com