Este documental forma parte da Memoria Histórica, tanto polos feitos relatados como polas datas que se rememoran, pero sobre todo é unha crónica de actualidade.

Partimos da investigación iniciada por Paulino Gasalla sobre o seu familiar Alejandro Porto Leis, derradeiro alcalde republicano de Serantes en Ferrol, que foi “paseado” xunto con tres veciños en 1938. Sucesos coma este, de hai máis de 70 anos, seguen aínda afectando a moitas familias hoxe en día.

“Nós non pedimos vinganza, pedimos coñecer a verdade”, estas palabras de Manuel Landeira definen tanto o espírito deste documental como o talante xeneroso dos seus protagonistas. Con eles recuperamos algunhas claves da Guerra Civil e as súas consecuencias a día de hoxe.

Fomos así debuxando un negro capítulo da Historia que non se pechará ata que se dea un xusto trato a tantos represaliados polo franquismo.

Desde a morte de Franco gozamos de máis de 30 anos de gobernos elixidos democraticamente, pouco fixeron por pechar con dignidade unha das peores páxinas da nosa historia recente. Non se pode falar de transición democrática sin resolver con honestidade esta cuestión. Despois de demasiados anos de miradas e comentarios, de verdades a medias, é imprescindible o recoñecemento a esas persoas que actuaron en defensa das suas ideas e da liberdade.

Continua na Páxina 2 ——>

EAF Producións · República Argentina, 8 · 15011 A Coruña · España (Spain) · eaf@estudioabad.com